Aleivosía celebra en Rianxo o seu novo festival de música e baile galego

14 Agosto 2019

20190814 Hoxe, 14 de agosto, temos en Rianxo unha cita coa música e o baile tradicional galego. Trátase do xa histórico festival (de feito, vai pola súa dezasete edición) da agrupación Aleivosía, pertencente á asociación sociocultural rianxeira Fogo Fatuo. A cita, que está prevista para as 21.30 horas na céntrica praza de Rafael Dieste, contará tamén coa presenza da asociación Ancoradoira, de Culleredo (A Coruña). A nova edición do senlleiro festival está organizada por Fogo Fatuo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.

Aleivosía é unha asociación-agrupación de música e baile tradicional impulsada por xente nova do concello de Rianxo. Conta con grupos propios de baile e música e organiza regularmente actividades culturais para reivindicar e pór en valor o legado artístico popular da nosa terra, por exemplo os seráns de baile e música galega.

Outros artigos

Anova organiza en Rianxo a II Xornada Municipalista Galega

Anova-Irmandade Nacionalista celebrará o vindeiro sábado 25 de abril en Rianxo a IIª Xornada Municipalista Galega, baixo o título Conquistar avances: coidados, migración e vivenda. A cita desenvolverase entre as 10:00 e as 15:00 horas e é de entrada libre e aberta á...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“O mundo non está en perigo polas malas persoas, se non por aquelas que permiten a maldade.Albert Einstein: Alemania 1879 - EUA 1955. Físico e matemático. No estado español, o "medicamentazo" (Real Decreto Lei 16/2012) de Mariano Rajoy (PP)permitiu a exclusión do...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.