Adxudicación provisional da renovación da cuberta do pavillón de Sirves, en Olveira

29 Agosto 2019

20190829. A adxudicación con carácter provisional dunha nova actuación permitirá a renovación da cuberta do pavillón polideportivo de Sirves, situado na parroquia ribeirense de Olveira.

A empresa que resultou mellor clasificada das 12 ofertas presentadas foi Marqués de Marancán, S.L., cun investimento de 42.342 euros, IVE incluído, estando cofinanciada pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, ao abeiro da orde do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas aos concellos de Galicia para o ano 2019.

Conforme ao proxecto técnico elaborado polos servizos do Concello, o pavillón ten en liñas xerais un bo estado de conservación pero rexistra episódicos problemas de filtracións de auga de chuvia que deixan en ocasións a pista impracticable. Por tal motivo, o Concello pretende renovar a cuberta desmontando a actual, previa instalación dos elementos de seguridade, para montar a nova a base de panel sandwich nervado, de 30 milímetros de espesor, formado por dúas chapas de aceiro prelacado con illamento entre ambas de espuma de poliuretano ríxido. Logo procederase ao remate da cuberta para a colocación de canalón na fachada principal, así como a apertura de ocos na fachada norte e colocación de fiestras.

O prazo de execución ascende a un mes e medio.

Outros artigos

Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios. No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes;...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.