A Xunta destina 79.000 euros a sete proxectos de mellora en aloxamentos turísticos do Barbanza

23 Agosto 2019

20190823. A Consellería de Cultura e Turismo resolveu as axudas dirixidas a establecementos turísticos de aloxamento para realizar actuacións de mellora e modernización de infraestruturas, que na área do Barbanza suman un investimento de máis de 79.000 euros para incentivar sete proxectos.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, explicou que esta orde beneficiará a negocios situados nos concellos de Outes, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Porto do Son, Outes, Rianxo e Muros. As axudas, que van desde os 5.000 ata os 18.000 euros, destínanse á mellora de hoteis, establecementos de turismo rural, pensións e apartamentos turísticos. No total da provincia da Coruña, a Consellería de Cultura e Turismo inviste nesta orde de axudas un total de 531.000 euros para melloras en 43 establecementos.

As achegas, que se enmarcan no Plan MAT de Mellora de Aloxamentos Turísticos que impulsa a Consellería de Cultura e Turismo, poden supoñer para os promotores entre o 30 e o 35 por cento do investimento subvencionable, ata un máximo de 35.000 euros. A través desta orde de axudas, que se convocan en concorrencia competitiva, a Xunta apoia accións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas nestes negocios; obras para a optimización das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística; ou actuacións para incrementar a clasificación do establecemento e elevar a súa categoría.

Comprende, así mesmo, iniciativas de climatización que favorezan a sustentabilidade introducindo medidas de aforro enerxético; a modernización das instalacións e do embelecemento do entorno; ou a renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento de aloxamento nas súas diferentes tipoloxías.

Os destinatarios das subvencións son establecementos turísticos de aloxamento incluídos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta (REAT), con especial incidencia nas pequenas e medianas empresas do sector. Estes apoios pretenden estimular a incorporación de elementos de sustentabilidade e accesibilidade nas instalacións e a renovación das infraestruturas de cara á modernización e á prestación dos servizos cos maiores estándares de calidade.

Outros artigos

Renovada a estrada de acceso á igrexa e ao hórreo de Araño

O Concello de Rianxo, a través do seu alcalde, Julián Bustelo, informou da conclusión da primeira fase do proxecto de renovación do firme da estrada de acceso á igrexa e ao hórreo do Araño dende a AC-305. Os traballos consistiron fundamentalmente na limpeza previa do...

+

Licitada a ampliación da rede de saneamento en Tronco (Rianxo)

Esta semana o Concello de Rianxo licitou o proxecto para a ampliación da rede de saneamento no lugar de Tronco (Rianxo). Conta cun orzamento de de 208.785,50 euros e, segundo informou o alcalde Julián Bustelo, "favorecerá que se poidan conectar á rede un total de 15...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.