A rapazada e Maldita Nerea, protagonistas do terceiro día das Festas de Ribeira

02 Agosto 2019

20190802 Deixamos atrás a antesala dos días grandes e metémonos de cheo en palabras maiores. Este venres 2 de agosto as Festas de Ribeira comezan de verdade a meterse en faena, e fano dende primeira hora da mañá, coa longa listaxe de actividades coas que conmemorar un día, o de hoxe, adicado á poboación infantil. Haberá inchables, xogos, inauguracións de exposicións e, pola noite, o concerto de Maldita Nerea. Quen queira ver o programa máis en detalle pode facelo neste PDF.

Logo das acostumadas 21 bombas de palenque, a xornada colle corpo coas dianas e alboradas, unha ruada gaiteira a partir das 11.00 horas e un percorrido musical a cargo da Banda de Música Eduardo Pondal que rematará, esta mañá, diante da Residencia do Maior cun pequeno concerto.

Logo a rapazada comezará a festexar o seu día, coa celebración da Ribeiralandia, o gran parque de inchables instalados na praza do Concello até as 14.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas en horario de tarde, acompañándose doutra actividade á medida da nenez: Un Día Especial, que inclúe obradoiros de xogos feitos con material de refugallo e frigolambetadas de balde e animación musical. Organiza a Concellería de Cultura co patrocinio da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Xa pola tarde, ás 19 horas, celebraranse as finais do Campionato de Tenis das Festas de Verán (para categoría masculina absoluta, no Complexo Deportivo da Fieiteira e organizadas pola Concellería de Deportes de Ribeira).

Logo, ás 20.30 celebrarase a Festa da Escuma na praza do Concello.

Máis tarde, ás 21.00 horas, inaugurarase a exposición colectiva Antoloxía Debuxada II, de Maralla, Antonio Pérez, Xerardo Crusat e Xoán Fernández. Será no Centro Cultural Lustres Rivas.

Pola noite será novamente a quenda da música. Haberá unha gran verbena no Malecón a partir das 22.30 horas (primeiro pase) a cargo do grupo Televisión. A contribución musical complementarase co concerto de Maldita Nerea, a partir das 0.00 horas, na praza de España; e coa gran verbena ofrecida no parque García Bayón, a partir das 0.30 horas, a cargo de Platinum.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...