A Pobra do Caramiñal despídese do Carme dos Pincheiros

19 Agosto 2019

20190819. Chegou o derradeiro día das festas do Carme dos Pincheiros. Aos máis preguiceiros tócalles espertar co lanzamento de 21 bombas de palenque, ás 10.00 horas. Pouco despois, ás 10.30 horas, comezan a entrar na vila pobrense as diferentes agrupacións de música que se encargan de animar os emprazamentos. Así, a Banda de Música Ateneo Musical da Pobra, a Banda de Música de Caamaño, a Banda de Gaitas O Pedrón, o Grupo de Gaitas Trécola, o Grupo de Gaitas Barlovento, Xiada, A. F. Chorimas de Queiruga e o Grupo de Gaitas Rumbía asumen o testemuño de encher a mañá de son. Ás 12.00 horas, terá lugar a saída desde a igrexa do Caramiñal dos xigantes e cabezudos da confraría do Carme dos Pincheiros, acompañados do Grupo de Gaitas Trécola para proceder co percorrido polas rúas. Ademais, os máis pequenos da casa teñen unha cita moi importante, de 12.00 a 14.00 horas, na praza Maior con Pincheirolandia, a cargo da empresa Axóuxere Animación.

Ás 13.00 horas, celebrarase a festa da escuma e o concerto nos xardíns da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra para, media hora máis tarde, dar paso ao itinerario das distintas agrupacións de gaitas.

Xa pola tarde, de 17.00 a 19.00 horas, volverá Pincheirolandia para os cativos. Así mesmo, ás 18.30 horas, oficiarase a Misa solemne por tódolos confrades falecidos, interpretada por Lauda Sion. Ao remate, desfilarán os xigantes e cabezudos da confraría do Carme dos Pincheiros pola estrada principal ata a praza Maior, acompañados dos grupos de gaitas Trécola, Rumbía, Barlovento, Xiada, A. F. Chorimas, A. F. C. Banda de Gaitas O Pedrón e Banda de Música Ateneo Musical da Pobra.

A praza do Cantón acollerá, ás 21.00 horas, a actuación da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra, mentres que a orquestra Graffiti será a encargada de amenizar a xornada nocturna, a partir das 22.30 horas.

A gran queima de fogos de artificio e o combate naval, previstos para as 00.00 horas, poñerán o broche de ouro a catro días de festexos.

Outros artigos

BNG denuncia a “ameaza permanente” da mina de San Finx

A pobrense Rosa Pérez, deputada do BNG, reclamou hoxe na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento á Xunta que paralice calquera concurso para a explotación da mina de San Finx, en Lousame, ata que se execute unha restauración ambiental integral...

+

Máis de 30 persoas participan nas xornadas do Premio Emprende-Co Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou os días 1 e 9 de xuño dúas sesións informativas sobre o Premio Emprende-Co Pobra, unha iniciativa municipal de apoio ao emprendemento e á dinamización do comercio local impulsada pola área de Promoción Económica co respaldo da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...