A nova edición da Festa do Percebe de Aguiño promociónase na capital galega

01 Agosto 2019

20190801. A Festa do Percebe de Aguiño celebrarase este domingo 4 e, con tal motivo, a organización do festexo desprazouse ata Santiago de Compostela para dar a coñecer as características desta consolidada cita gastronómica.

As instalacións escolleitas foron as do mercado A Galiciana e o acto contou coa presenza da conselleira do Mar, Rosa Quintana; da conselleira de Política Social, Fabiola García; do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; das edís Ana Ruiz e Ana Barreiro; e do patrón maior da Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño, José Antonio Santamaría.

Este último explicou as características dunha festa que cumpre xa a súa vixésimo segunda edición e cuxa apertura de portas está prevista para as 12.45 horas. Un pouco antes farase a entrega de galardóns aos percebeiros de honra, nesta ocasión o teólogo Andrés Torres Queiruga e o artista Xosé Antonio Touriñán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Propongo” – Manuel Domínguez

“Propongo” – Manuel Domínguez

Propongo una gran concentración ciudadana, empresarios, obreros, amas de casa, estudiantes, pueblo en general. Manifestando la repulsa, ante la cantidad de vandalismo que tenemos que sufrir diariamente Algo no funciona, la policía detiene al ladrón, le llevan al...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.