A mocidade de Rianxo dispón de axudas da Xunta para mercar vivendas da zona histórica

16 Agosto 2019
Casas mariñeiras nun recanto da zona vella de Rianxo

20190816 Rianxo e Noia atópanse entre os concellos onde a mocidade que queira adquirir unha vivenda en cadanseus centros históricos contará con importantes axudas do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). As subvencións, dispoñíbeis para os menores de 35 anos consisten en dúas liñas de apoio: unha para a adquisición de vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes e a outra, para a compra en cascos históricos, que é a aplicábel en Rianxo e Noia. O prazo para pedir as axudas fica aberto até o 31 de outubro. A contía total, este ano, é de 1,6 millóns. A iniciativa tamén é extensíbel aos centros históricos de Betanzos, A Coruña, Ferrol, Mugardos, Muros, Neda, Padrón, Pontedeume, Santiago de Compostela e Corcubión.

A axuda destinada a fomentar a adquisición de vivendas en centros históricos por parte do colectivo de menores de 35 anos está dotada para este ano cun orzamento global de 800.000 euros. As vivendas para as que se solicite a axuda deberán cumprir coas seguintes condicións: estaren localizadas nun centro histórico dos enumerados no anexo da Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se convocou esta liña de subvencións e que se trate dunha vivenda xa construída (tanto nova como usada). Amais, o prezo de adquisición non superará ao dunha vivenda protexida de 120 metros cadrados, de réxime concertado, no mesmo concello.

O IGVS subvencionará con até 12.800 euros a adquisición de vivenda por parte de menores de 35 anos nos centros históricos das sete grandes cidades e con até 10.800 se a vivenda se atopa na zona monumental de calquera outro concello galego. O importe da axuda non poderá superar, en todo caso, o 20% do prezo de adquisición.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.