A escritora Marina García López analiza en Rianxo as pegadas arxentinas de Castelao e Eduardo Dieste

23 Agosto 2019
Castelao en Bos Aires no 1940

20190823 A literatura en Rianxo trabállase como un oficio e fálase dela colectivamente, como dun edificio que se fai para o ben común ou como unha praia marisqueira que cómpre preservar e cultivar. Froito disto son as actividades de formación e debate que ofrece este verán Axóuxere Editora e que chegan esta finde a un momento álxido do seu desenvolvemento. Será da man da escritora Marina García López, residente da casa Axóuxere en Brión, que dirixirá o seminario de pensamento De Rianxo para o mundo(análise da obra gráfica de Castealo e Eduardo Dieste en Arxentina) na Biblioteca Municipal (este venres 23, de 17 a 19 horas, e mañá sábado 24, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas) e na residencia de escritores de Axóuxere en Brión (o domingo 25, de 11 a 14 horas).

O obradoiro, que se desenvolve (como todo o programa de obradoiros estivais de Axóuxere) conxuntamente co Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, compleméntase coa conferencia Modernidade na pegada gráfica de Castelao e Eduardo Dieste, o venres 23 de agosto ás 20 horas na Casa Museo de Rafael Dieste.

A autora galega Marina García López foi elixida este ano para participar na residencia de escritor@s de Axóuxere polo interese dun proxecto de seu que estuda a influencia do traballo artístico de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e Eduardo Dieste no rumbo das artes gráficas riopratenses cara á modernidade. “Especialmente interesante tamén a revalorización da pouco coñecida figura de Eduardo Dieste”, destacou o comité encargado de seleccionar as autores e autores beneficiados das estadías en Brión, na casa da editorial.

Outros artigos

Renovada a estrada de acceso á igrexa e ao hórreo de Araño

O Concello de Rianxo, a través do seu alcalde, Julián Bustelo, informou da conclusión da primeira fase do proxecto de renovación do firme da estrada de acceso á igrexa e ao hórreo do Araño dende a AC-305. Os traballos consistiron fundamentalmente na limpeza previa do...

+

Licitada a ampliación da rede de saneamento en Tronco (Rianxo)

Esta semana o Concello de Rianxo licitou o proxecto para a ampliación da rede de saneamento no lugar de Tronco (Rianxo). Conta cun orzamento de de 208.785,50 euros e, segundo informou o alcalde Julián Bustelo, "favorecerá que se poidan conectar á rede un total de 15...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.