A Deputación da Coruña lanza campaña turística con 52 reclamos para visitar os concellos

06 Agosto 2019

20190806 A Deputación da Coruña vén de activar unha campaña de promoción turística nas redes sociais, que é onde ten acubillo e espazo para moverse, cada vez máis, o que por tradición se coñece como efecto “boca a boca”. Aproveitando isto, a entidade provincial (a través da área de Turismo que dirixe Xosé Regueira) lanzou 52 plans de fin de semana, que consiste en mostrar ao mundo, cada venres da semana, propostas para coñecer o territorio coruñés “de maneira activa”. A iniciativa non se limitará ao verán: prolongarase ao longo de todo ano até completar as 52 propostas e mesmo ir alén deste obxectivo.

A campaña collerá corpo de maneira especial en Facebook e Instagram, onde se dará conta de todo tipo de convites a visitar a provincia Coruña co gallo das súas incríbeis paisaxes, das súas festas gastronómicas, festivais ou das súas rutas. Contidos de promoción do patrimonio cultural, etnográfico e natural, eventos gastronómicos, culturais, festivos ou deportivos son algunha das temáticas que convidarán a persoa usuaria a coñecer de maneira activa o territorio da Coruña.

Tanto no muro de ambos perfís como en historias de Facebook e Instagram, cada venres desde este agosto ata o de 2020, iranse desvelando os distintos plans como propostas turísticas para a escapada da fin de semana. A iniciativa botou a andar nesta primeira fin de semana de agosto tendo como protagonista o festival de arte urbana Desordes Creativas de Ordes. A campaña estase a desenvolver baixo o cancelo #52findes.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.