A campaña contra o furtivismo bañista saldouse con 67 infraccións en xullo

23 Agosto 2019

20190823 A Consellería de Mar vén de ofrecer unha serie de cifras sobre a actividade xerada pola súa campaña para frear o furtivismo nas praias, máis polo miúdo o relacionado co período vacacional, unha campaña que abrangue un bo número de areais a comarca de Barbanza, tal e como sinalamos hai uns días . Segundo informou o Servizo de Gardacostas de Galicia, realizáronse o mes pasado 150 inspeccións a pé de praia, detectándose un total de 67 infraccións. As cifras, que supoñen un incremento de arredor do 75% respecto a xullo do ano pasado, responden ao reforzamento dos controis e seguimentos levados a cabo polo dito servizo.

Un reforzamento que levou a campaña Non sexas pirata! até 45 areais e 35 concellos, fronte ás 35 praias e 21 concellos visitados o ano pasado. Estas accións comezaron a mediados de xullo e desenvólvense até que remate este mes de agosto percorrendo distintas localidades das tres provincias costeiras galegas. Entre os areais incluídos na iniciativa de divulgación e disuasión atópanse o Castro-Catía e Coroso, en Ribeira; O Areal na Pobra; Barraña e Carragueiros, en Boiro. Tamén se están a facer accións de sensibilización en Boa Grande, en Noia, e en San Francisco e Parameán, en Muros.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ofrenda” – Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...