Ziralla Primero, Due e Somni acadan o ouro nas súas respectivas categorías na Regata Congalsa

08 Xullo 2019
Cedida por Juan Caballero

20190708. A novena edición da Regata Congalsa-Volta a Sálvora proclamou como vencedores ao Ziralla Primero de Ramón Barreiro (RCN Sanxenxo), na clase Regata; ao Due de Fernando González e Rafael Blanco (RCN Portosín), na Cruceiro/Regata; e ao Somni de Helmut Bande (CND Ribeira), en Cruceiro.

Cunhas condicións metereolóxicas óptimas, ao redor da vintena de veleiros participantes saíron ás 14.00 horas desde as inmediacións do porto deportivo de Ribeira para realizar o percorrido costeiro pola contorna das illas e illotes de Rúa, Sálvora, Noro e Vionta.

No primeiro tramo, colocáronse á cabeza da categoría Regata o Ziralla Primero, o Moucho de Daniel Ayaso (CND Ribeira) e o Youkounkoun de Eduardo Segade (CN Portonovo).

Respecto ao Cruceiro-Regata, o podio alcanzouno o Due, o Ay Carmela de Juan Martínez Pazó (LCM Bouzas) e o Cámping Ría de Arosa de José Manuel Pombar (CN Boiro).

Por outra banda, o apartado Cruceiro estivo liderado polo Somni, seguido do Arosa VI de José Luís Torres Colomer (CND Ribeira) e o Salut de Antía Kuba (CND Ribeira).

Tras o remate da competición, as instalacións do Club Náutico Deportivo de Ribeira acolleron a entrega de premios. No acto estiveron presentes o presidente de Congalsa, Luís Simarro; o director xeral da firma, Luís Miguel Simarro; o presidente do CND Ribeira, José Luís Torres Colomer; o Comodoro, José Luís Lomba; o alcalde, Manuel Ruiz; o responsable da Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Ribeira, Juan Carlos Matilla; a presidenta da asemblea local ribeirense de Cruz Vermella, Ángeles Cores; e a responsable de relacións externas de Congalsa, Isabel Cañas.

Outros artigos

Deporte e arte centraron a axenda municipal de Ribeira no marco do 8M

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, participaron este xoves 5 de marzo nos dous actos programados ao abeiro da axenda deseñada con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller: a mesa redonda Muller, deporte e saúde...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.