Vinte e dous integrantes de Amicos visitaron a Casa do Concello e a Sala Museo Municipal de Ribeira

17 Xullo 2019

20190717. Un total de 22 integrantes do centro de educación especial de Amicos efectuaron esta mañá unha visita guiada pola Casa do Concello e pola Sala Museo Municipal de Ribeira.

Dentro do Consistorio local, foron recibidos pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Ruiz, acompañada do tamén edil Víctor Reiriz.

Esta iniciativa enmárcase nas visitas guiadas que organiza o Servizo Municipal de Normalización Lingüística do Concello ribeirense ao longo de todo o ano para achegar a acción municipal a grupos de estudantes e outros colectivos.

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

As festas de recreación histórica están de  moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización. O mesmo acontece con labores extintas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.