Vidal Lojo analizou a arqueoloxía de Corrubedo na segunda charla ofrecida na parroquia

01 Xullo 2019

20190701. O dinamizador da Sala Museo Municipal de Ribeira, Miguel Ángel Vidal Lojo, ofreceu na noite do venres na casa do mar de Corrubedo unha charla dedicada á arqueoloxía desta parroquia.

Vidal Lojo, que como arqueólogo foi o responsable dalgunhas escavacións próximas coma a de Castro da Cidade, remontouse á época megalítica para referenciar os primeiros vestixios dos que hai constancia dentro do territorio histórico de Corrubedo coma son as súas mámoas situadas no monte Facho. Tamén acreditou a existencia dun castro sen escavar no cumio deste monte do que, a día de hoxe, pódese recoñecer na súa superficie un tramo da súa muralla. Así mesmo, sinalou a posibilidade da existencia doutro castro na cima do monte Tahúme. O menhir de Bretal ou unha estela funeraria romana descrita polo Pai Sarmiento tamén foron abordados ao longo da súa intervención.

A charla, de case unha hora de duración, espertou un grande interese entre a veciñanza congregada, a cal contribuíu a enriquecer a exposición cos seus comentarios e reflexións.

Dita cita foi unha iniciativa promovida pola asociación Corrubedo XI Séculos coa colaboración do Concello de Ribeira. Francisco Sánchez Fraga obsequiou a Vidal Lojo no nome da entidade cunha publicación xenealóxica de Edmundo Fraga López, na cal se analizan oito apelidos típicos da parroquia, entre eles, o propio Lojo, así como un obsequio institucional consistente nunha réplica dunha das pedras que marcan os límites históricos do antigo coto de Corrubedo, a cal foi realizada polo artesán e veciño do pobo Manuel Olveira Franco.

A próxima charla da asociación terá lugar na casa do mar o venres, 5 de xullo, ás 21.00 horas e será impartida polo arquiveiro municipal José Antonio Otero Sobrido cunha conferencia titulada Corrubedo, anos 50.

Esta actividade atópase encadrada na programación do Xuño da Cultura e as Artes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.