SOGAMA destaca o traballo do CEIP de Artes (Ribeira) a prol da defensa do mar

30 Xullo 2019

20190730 A sociedade galega medioambiental SOGAMA vén de reflectir na súa web o importante traballo despregado polas nenas e nenos do CEIP de Artes (Ribeira) ao abeiro do programa educativo Recíclate con SOGAMA, edición 2018-2019. Segundo explica a entidade, este programa incluíu un concurso para recoñecer e mostrar as obras de arte realizadas con materiais de refugallo por parte de dúas ducias de centros educativos da nosa terra, os que participaron na iniciativa. O centro de Artes, adherido ao proxecto, abordou unha problemática que lle toca de preto pola súa proximidade con respecto ao mar: elaborou un traballo no que se denuncia o uso e abuso de plásticos dos cales, moitos, acaban nos nosos océanos, converténdose unha importante e preocupante fonte de contaminación.

Co seu traballo, coordinado pola profesora Alba Comojo Ordóñez, pretendían chamar a atención sobre a necesidade de coidar o mar e a totalidade das especies que viven nel, elaborando unha proclama de concienciación cidadá que lle lembrase ao planeta “que o mar non é un vertedoiro” e que, alén da súa importancia medioambiental, dá sustento e futuro a unha chea de familias, entre as que se inclúen moitas do propio colexio de Artes. Así o aseguran no seu proxecto: “Nós non queremos un mar de plásticos, cheo de contaminación, onde os peixes morran cada día pola acción humana ou que se intoxiquen con microplásticos que logo comemos”.

Consideran que na práctica dos tres erres (Reducir, Reutilizar e Reciclar) reside a clave. É dicir, consumir de forma responsábel, adquirir unicamente o necesario, dar prioridade ás compras a granel, levar a bolsa da casa ao mercado e evitar o desperdicio alimentario.

Na elaboración da obra utilizaron refugallos tales como tapóns e bolsas plásticas, cápsulas de café, chapas de refrescos, así como cartóns e botes de plástico de champú e suavizante, entre outros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.