Sés, Roi Casal e a Feira do Libro dentro do Verán Cultural rianxeiro

12 Xullo 2019

20190712. A programación do Verán Cultural rianxeiro para este mes de xullo inclúe unha ampla variedade de actividades. Así, o luns 15 terá lugar o concerto de Sés na praza Castelao a partir das 22.30 horas. O xoves 18, ás 22.30 horas, proxectarase o filme A sombra da Lei nos xardíns do Parque da Martela. Os máis pequenos da casa poderán desfrutar no Auditorio do teatro infantil o venres 19, ás 12.00 horas, coa obra 4 monos de Tropa de trapo. Ademais, ás 21.30 horas celebrarase o XV Ciclo de Bandas: Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira na praza Rafael Dieste. A música volverá inundar a praza de Castelao o sábado 20, ás 22.30 horas, coa actuación Son galego, son cubano de Roi Casal. A gata con zocos chegará á rianxeira praza Rafael Dieste o mércores 24, ás 22.00 horas, da man da Cova das Letras e a Banda da Escola de Música de Rianxo. Os amantes da astronomía teñen unha cita no paseo da Ribeira o domingo 28, ás 22.30 horas, coa observación nocturna do firmamento. Así mesmo, do 25 ao 28 terá lugar a Feira do Libro de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

El control de Donald Trump de Venezuela y el probable atropello de Groenlandia, lamasacre de Putin en Ucrania, la amenaza permanente de Xi Jinping -los tres quierenrepartirse el mundo-, o el hastío de los iraníes con su régimen, por citar solo unosejemplos, son...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.