Rosario Flores, Maldita Nerea e Milladoiro como pratos fortes das Festas de Ribeira

23 Xullo 2019

20190723. As Festas de Ribeira celebraranse do 31 de xullo ao 04 de agosto e contará co pregón inaugural a cargo de Luis Iglesia, actor en series coma Matalobos ou Pazo de Familia, entre outros. No transcurso destes festexos, a actuación de Rosario Flores, Maldita Nerea e Milladoiro converteranse nos pratos fortes. Ademais, o espectáculo pirotécnico está programado para o domingo 04 desde unha plataforma marítima por cuestións de seguridade.

A concelleira de Cultura, María Sampedro; o presidente da comisión de festas, José Alonso; e Sergio Paz, membro deste colectivo, foron os encargados de presentar a extensa programación coa que contarán estas celebracións.

Destacan, entre outros, o espectáculo de danza da compañía de Fran Sieira titulado Entre Soños, o concerto tributo a El último de la fila a cargo de Los Aviones Plateados e ‘Riveiralandia’ para os máis pequenos. Tal e como indicou a edil, “son unhas festas variadas, con gran proposta lúdica e dirixidas a tódolos públicos.”

Outro dos momentos máis agardados será a procesión da Virxe do Carme, que por segunda vez principiará na nova lonxa cunha Misa solemne o sábado 03, ás 18.30 horas, cantada pola Coral do Círculo Mercantil de Ribeira. No acto estarán presentes os membros do Club de Remo Náutico de Ribeira e a Policía Infantil.

Como novidade deste ano, a imaxe de San Pedro, patrón dos mariñeiros, sairá á rúa e acompañará á Virxe do Carme despois de máis de 60 anos sen facelo. Ambas figuras embarcarán no Boteira Primero, buque que encallou no pasado maio no litoral de Aguiño e que despois de superar este incidente se ofreceu para encargarse do traslado. María Sampedro expresou o seu agradecemento ás asociacións Alfaia e Amas de Casa, así como á parroquia de Santa Uxía pola súa axuda na organización deste evento.

Pola súa parte, José Alonso quixo agradecer a colaboración do Concello, integrantes da comisión, empresa Frinsa e ao tecido comercial, hostaleiro e asociativo para o desenvolvemento das festas “dentro das súas posibilidades.”

Cómpre lembrar que o luns, 5 de agosto, será o ‘Día do neno/a’, polo que tódalas atraccións estarán a prezos populares.

Outros artigos

Incidencias en Ribeira coa limpeza de via e incendio en Boiro

Limpeza de vía por vertedura de aceite hidráulico dun tractor na DP-7503, no concello de Ribeira Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta mañá, arredor das 12:10 horas, a unha intervención por vertedura de aceite hidráulico dun tractor...

+

Ribeira presenta novos roteiros turísticos en bicicleta eléctrica

Este martes 8 de xullo, Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo de Ribeira, anunciou a posta en marcha, nas súas palabras, “dun completo programa de roteiros deseñados para mergullarse na rica historia e cultura da nosa terra”. Estes itinerarios, engadiu,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.