Ribeira clamou contra a violencia machista

24 Xullo 2019
Cedida por Mulleres en Acción

20190724. A praza do Concello de Ribeira acolleu na tarde de onte, ás 20.00 horas, unha concentración organizada por Mulleres en Acción. Numerosa veciñanza amosou a súa repulsa aos últimos feminicidios sucedidos, un deles en Sancovade (Vilalba). O domingo a sociedade galega volveu a ser sacudida por un novo asasinato machista, pois Manuel Vázquez Vázquez decidiu quitarlle a vida á ex-muller.

A orde de afastamento que pesaba sobre este home non impediu que María del Carmen se convertese na segunda vítima de violencia machista en Galicia no que levamos de ano, a número 33 a nivel estatal.

No manifesto lido expresaron que “as cifras non deixan de medrar, xa que os Xulgados Galegos recibiron dende comezos de ano 1.736 denuncias por violencia machista, un 38% máis que nas mesmas datas do ano pasado.”

Cedida por Mulleres en Acción

Deste xeito, condenaron este asasinato e denunciaron as discriminacións, a desigualdade e a violencia que “día a día sofremos as mulleres e que leva, nas últimas consecuencias, a que sexamos asasinadas, e no día a día a que sexamos apartadas.”

Así mesmo, reivindicaron que “querémonos libres e querémonos vivas.”

Por último, rotularon na Columna das Vidas Fendidas os nomes das últimas mulleres asasinadas por mor da violencia machista.

Ribeira uniuse así á trintena de cidades repartidas por todo o territorio galego que clamaron contra esta problemática que segue cobrándose vidas e agredindo a integridade física e psicolóxica das mulleres.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.