Rianxo vibrará ao son da música e baile tradicional

29 Xullo 2019

20190729. A Asociación Sociocultural Fogo Fatuo de Rianxo, en colaboración coa Área de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización do Concello de Rianxo, desenvolverá unha serie de actividades dentro da programación do Verán Cultural 2019.

Deste xeito, o vindeiro sábado, 17 de agosto, celebrarase o XVII Festival de baile e música tradicional, a partir das 21.30 horas, na praza de Rafael Dieste. Esta cita contará coa participación de diferentes agrupacións de baile, pandeireta e gaita formada por nenos e maiores, persoas cun rango de idade comprendido entre os 3 e os 70 anos. Así, ofrecerán unha noite impregnada da cultura tradicional con muiñeiras, xotas, rumbas e agarrados.

Ademais, este ano contarán como grupo convidado coa Agrupación Folclórica Ancoradoira de Culleredo.

Por último, durante o festival tamén se realizarán diferentes sorteos de agasallos e produtos de artesanía galega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...