Rianxo ofrece un campamento para novas e novos talentos do audiovisual

02 Xullo 2019

20190702 As rapazas e rapaces de Rianxo que queiran ampliar os seus coñecementos en cinema e creatividade con móbiles, tabletas e outros dispositivos, fortalecendo as súas futuras carreiras como directoras e directores, van ter unha ocasión para facelo este mes de xullo, entre os días 16 e 27 de xullo, no Pazo de Rianxiño. Estamos a falar do Campamento Urbano Audiovisual, organizado polo Concello (Servizo de Xuventude) para a mocidade de idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos.

O campamento ten como obxectivo a creación dunha curtametraxe. Segundo informa a organización, as e os participantes terán a oportunidade de mergullarse en todas as fases para a creación da curta: elección da idea, elaboración do guión literario e do guión técnico, escolla de recursos e casting, preparación e ensaios, rodaxe, montaxe e estrea e gala final.

O campamento realizarase do 16 ao 27 de xullo (agás domingo 21 e xoves 25) de 10:00 a 14:00 horas, no Pazo de Rianxiño. O prazo de inscrición comezará o vindeiro xoves 04 de xullo, ás 10:00 horas. Os obradoiros serán impartidos por Merenda Creativa.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.