Rianxo mergúllase literalmente na música jazz

30 Xullo 2019

20190730 Esta semana, concretamente este mércores 31 de xullo, comezan oficialmente as Noites de Jazz que organiza a Concellería de Cultura de Rianxo que dirixe Raquel García Abuín co obxectivo de mergullar a residentes e visitantes no devandito estilo musical e nas súas múltiples variantes e vertentes. Será en boa medida un festival interactivo, con todos os elementos dirixidos a esluír a liña imaxinaria que adoita separar os músicos do público. Aquí os espectadores, grazas en parte aos obradoiros previstos que complementan o cartel de concertos, tamén será axente activo do festival.

A maiores haberá unha exposición de cadros sobre a temática do jazz, historicamente un estilo moi vencellado á fotografía e á pintura. A mostra, a cargo do artista Delio Sánchez, inaugurouse hoxe no auditorio rianxeiro, coincidindo coa presentación oficial do certame.

Temos toda a información sobre os grupos, os obradoiros e as mostras témola dispoñíbel en noitesdejazz.gal.

Respecto dos concertos, serán todos (agás o do sábado 3 de agosto, que será na rúa de Abaixo ao mediodía) na praza de Rafael Dieste a partir das 22.30 horas. Actuarán EMR Ensemble (o martes 30), ADN Cuarteto (o mércores 31), David Lojo Quartet (o xoves 1 de agosto), Menil & Amigos (o venres 2) e a Low Bay Hot Band (o sábado 3 de agosto, na rúa de Abaixo a partir das 13.00 horas).

O festival terá unha vertente educativa que vén con catro actividades a desenvolver no centro sociocultural do Auditorio de Rianxo: un curso sobre contrabaixo e baixo eléctrico no jazz e músicas afíns (o mércores 31 de xullo de 10.00 a 14.00 horas, a cargo de Alfonso Calvo), unha clase maxistral de trompeta (o xoves 1 de agosto, a cargo de David Lojo, en horario de 10.00 a 14.00 horas), un curso sobre arranxos para música moderna e jazz (ao venres 2 de agosto, da man de Alfredo Susavila, en horario de 10.00 a 14.00 horas) e un curso de iniciación ao trombón (o sábado 3 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas, da man de Ramiro Lamas).

Por último e non menos importante, as Noites de Jazz teñen unha faceta expositiva. Estamos a falar da exposición que acubilla dende hoxe a sala de mostras do Auditorio de Rianxo, unha aproximación pictórica ás vibracións jazzísticas da cidade de Nova York a cargo do artista Delio Sánchez. Estará aberta ao público até o 17 de agosto, en horario de 10.00 a 13.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.