Rianxo honrará á Virxe do Carme do 12 ao 16 de xullo

08 Xullo 2019

20190708. O mes de xullo caracterízase porque os concellos homenaxean á Virxe do Carme, protectora da xente do mar. Rianxo fará o propio do 12 ao 16 de xullo cunha ampla programación.

O domingo 14 terá lugar a Misa cantada pola Coral Abraira do CC Simon Varela de Asados, seguida da procesión marítima amenizada pola Banda de Gaitas Buxaina. Os grupos, charangas e orquestras serán as encargadas de poñerlle son á vida diúrna e nocturna. Marbella, Palladium, Grupo @s Jaitas Blues e Principal son só unha pequena mostra. Tamén destacan os concertos da Banda de Música do Concello de Boiro na praza de Rafael Dieste o domingo 14, ás 13.00 horas, así como a actuación de Sés o luns 15, ás 22.00 horas. Ademais, os máis pequenos da casa poderán desfrutar da festa da escuma, inchables, obradoiros e zona interactiva, entre outros.

Así mesmo, inclúese o Mercado Celta e o festival de rúa RianClown.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.