Rianxo homenaxeará á xente do mar co novo Rock in Rian

02 Xullo 2019

20190702 Quen queira rock, cultura mariñeira galega, modernidade e tradición popular, todo mesturado e axitado con agarimo e talento, vai ter todos estes ingredientes o mes de setembro en Rianxo, o día 14 no Parque Galiza como epicentro da actividade musical, popular e literaria. Estamos a falar do festival Rock in Rian, O Festival da Ría, un destacado certame de balde que promete ser a gran despedida festeira do verán. Por certo que a organización (a comisión de Juadalupeñas de Rianxo) presentou recentemente o cartaz desta súa 12 edición. Actúan Reincidentes, Ebri Knight, Dios Ke Te Crew, Festicultores, Mekanika Rolling Band e La Duendeneta.

O cartel acompáñase de actividades complementarias que encaixan á perfección co devandito despregue de decibelios: haberá un roteiro literario por Rianxo, celebrarase cun pasabares o doceavo aniversario do certame e a contorna urbana da vila será convidada a participar con ruadas musicais e concertos itinerantes.

Segundo informou este mes de xuño a organización, este ano o festival estará cen por cen adicado á xente do mar. “Gustaríanos homenaxear a todos eses veciños e veciñas que traballaron por e para Rianxo a base de suor e sangue”, por ese motivo deseñouse unha camiseta exclusiva do certame que honra a memoria dun ilustre do mar: Vicente, “protagonista da nosa camisola”, deseñada por Nove Noel. Estas e outras actividades estanse a complementar con importantes descontos no comercio local a quen se faga socio do Rock in Rian.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.