Os socialistas ribeirenses levarán a pleno a obra na rúa Fernández Bermúdez

29 Xullo 2019

20190729. Unha serie de cuestións sobre a rúa Fernández Bermúdez serán presentadas no pleno ordinario de Ribeira por parte do grupo municipal do PSdeG-PSOE.

Segundo os socialistas, no mes de maio do 2017 comezaron as obras de pavimentación nun tramo do citado emprazamento, coa construción do muro de contención e beirarrúas, quedando paralizada dita actuación no mes de xullo do mesmo ano ata a actualidade.

O grupo municipal manifesta que “a razón esgrimida foi a dun problema de firme, ea un acordo coa propiedade da casa vella para efectuar a demolición acordada.” Así mesmo, expresan que sobre a obra aprobada en pleno e licitada, “só se fixo aproximadamente o 25%, estando o restante 75% pendente de execución, debido a un problema xeotécnico.”

Deste xeito, o PSdeG-PSOE entende que, ao tratarse dunha obra que pode considerarse menor, as distintas variables de execución pasan por unha posible pilotaxe con muro de contención, pero tamén afirma que pode realizarse cunha falsa lousa de soporte e pilares illados ou con bloques de pedra, tipo perpiaño ou ménsula.

Por todo o exposto, farán as seguintes preguntas: “1. Sr. Alcalde, pode decirnos o motivo desta tardanza, a cal desde o noso grupo non lle encontramos explicación? 2. Porque se priva aos veciños desta obra tan importante para a infraestrutura viaria, de acceso ao complexo da Fieiteira? 3. Que variable construtiva se vai impoñer?”

Outros artigos

A sexta edición da Carreira 5K El Canario desenvolverase no 28 de xuño

Ribeira correrá coa sexta edición da Carreira 5K El Canario, homenaxe a José Nespereira, que promove esta escola de boxeo coa colaboración do Concello. Esta cita deportiva será domingo, 28 de xuño, a partir das 10.00 horas, coa praza do Concello como punto de partida...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

El Papa llamó a las fuerzas políticas a que dialoguen de forma civilizada. “La pluralidad política no debería degenerar en descalificación permanente del adversario…La firmeza no exige desprecio y la discrepancia no conlleva humillación del contrario”, dijo el...