O PSdeG-PSOE ribeirense levará ao pleno o Plan Madruga do colexio de Palmeira

23 Xullo 2019

20190723. O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Ribeira levará a pleno o Plan Madruga que se desenvolve no CEIP Plurilingüe de Palmeira. Este centro presta esta axuda, desde os últimos anos, coa intención de acadar a conciliación familiar, pero supón para as familias un gasto de entre 40 e 50 euros mensuais por unha hora deste servizo, dependendo do número de nenos que o precisen.

Os socialistas manifestan que existen numerosas subvencións europeas destinadas a fomentar e facilitar tanto a igualdade coma a conciliación familiar, “subvencións máis fáciles de tramitar e de conseguir por parte dun Concello que por parte dunha ANPA.” Deste xeito, indican que “con estas subvencións, o servizo Madruga pode realizarse sen supoñer custe algún para o Concello e co cal poden beneficiarse numerosas familias.”

Así mesmo, sinalan como exemplo ao Concello da Pobra do Caramiñal, o cal “tramita estas subvencións e prestan o servizo Madruga nos seus diferentes centros escolares, dispoñen dunha bolsa de monitores, e ás familias suponlle un custe de só 12 euros ao mes por unha hora de servizo.”

Por todo isto, requiren que se solicite por parte do Concello de Ribeira, a Deputación e a Xunta de Galicia, unha subvención para o próximo curso 2019-2020 a favor do CEIP Plurilingüe de Palmeira, para que así poidan continuar co Plan Madruga “en beneficio das familias, logrando así acadar a conciliación familiar.”

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.