O mexillón reinará esta fin de semana en Rianxo

31 Xullo 2019
Cedida por Club de Remo Rianxo

20190731. Rianxo acollerá esta fin de semana a décima edición da Festa do Mexillón. No Campo de Arriba instalarase unha carpa onde se poderá degustar o molusco estrela da ría de Arousa de oito maneiras. Así, agardan repartir preto de 4.000 racións coas receitas do vapor, vinagreta, escabeche, empanada de millo, empanada de trigo, croquetas, terramar con fabas e tartaletas con mexillón. Dentro do prato degustación incluiranse tres preparacións e o prezo establécese en 4 euros. Os asistentes tamén desfrutarán de numerosas actividades ao longo da fin de semana.

Na tarde do sábado 3, ás 19.30 horas, os pasarrúas con charanga percorrerán as rúas animando á veciñanza e visitantes para, ás 20.00 horas, dar comezo á cata das oito receitas de mexillón, ademais de que os cativos disporán de inchables gratuítos onde xogar. Xa na noite, ás 22.45 horas, o grupo musical Os Sobraos de Bergondo asumirá o rol de poñer a todo o mundo a bailar.

Os máis preguiceiros espertarán o domingo 4, ás 10.30 horas, co ritmo dos pasarrúas con charanga e, ás 11.30 horas, terá lugar o Xantar Mariñeiro, así como a recepción de autoridades, ás 13.00 horas.

Cabe destacar que este festexo terá unha dobre finalidade: poñer en valor o mexillón e contribuír ao financiamento do Club de Remo Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.