‘O labor en silencio’ capta o interese de visitantes de diversos países

30 Xullo 2019

20190730. A exposición O labor en silencio que desde finais de xuño se está a exhibir na Sala Museo Municipal de Ribeira está a recibir unha máis que aceptable afluencia, espertando o interese de persoas procedentes de multitude de puntos da xeografía nacional e internacional.

Visitantes de Suíza, Alemaña, Arxentina, Uruguai, Inglaterra, Estados Unidos ou, dentro do mapa estatal, das Illas Canarias, Madrid, Andalucía, Castela e León e, por suposto, de diversos puntos de Galicia, están a acudir a unha mostra na que, por medio dunha trintena de fotografías, se amosa o papel da muller na sociedade ribeirense tradicional realizando diferentes labores e oficios.

Unha das máis recentes visitas foi por un grupo procedente de La Bañeza en León.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.