O carreirense Carlos Lixó presentará o seu poemario As Casas no Festigal

18 Xullo 2019
O poeta de Carreira Carlos Lixó nunha imaxe de Praza.gal

20190718 O Festigal, un dos grandes acontecementos do 25 de xullo, Día de Galiza, vai contar coa presenza dun dos nosos máis prometedores escritores: Carlos Lixó (Carreira, Ribeira, 1991), quen participará nas actividades literarias do macro-certame compostelán. Máis polo miúdo, terá presenza activa na sección A Galería das Letras, que servirá de palestra para dar a coñecer as novidades editoriais na nosa lingua (un total de 10) e para acubillar propostas de lectura e encontros con autoras e autores. Será na tarde do 25 de xullo no Campus Sur de Santiago.

Ás 17:00 h. será a presentación do libro As Casas, do Carlos Lixó, editado por Espiral Maior e que recibiu o XXX Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Pallaré. Na actividade participarán o propio Carlos Lixó, e máis Marta Dacosta, escritora.

Máis tarde, ás 17.30 horas, será a quenda de Manuel María. Obra Teatral, editado pola Casa Museo Manuel María. A presentación do libro Infamia, de Ledicia Costas e editado por Xerais, será ás 18:00 h. Ás 18:30 h. virá a quenda de Resistencia e expansión cultural. Crónica do movemento cultural galego na ditadura (1961-1976), da Revista Terra e Tempo. Senlleiras, de Antía Yáñez preséntase ás 19:00 h. Sobre as 19:30 h. estarán Daniel Asorey e Susana Sánchez Aríns para dar a coñecer Transmatria, de Xerais. Para rematar, Suso de Toro e Ledicia Costas presentarán ás 20:00 h. Fóra de si, de Suso de Toro editado por Xerais.

Carlos Callón nunha imaxe do Xornal Certo

Tamén haberá un espazo de encontro con autores e autoras a partir das 16:30 horas co tamén ribeirense Carlos Callón (autor de obras tan senlleiras como Amigos e sodomitas, ou Galegofalantes e Galegocalantes) e con Ana Pillado e Manuel Monge.

Sobre Carlos Lixó

Carlos Lixó Gómez, nado o 11 de novembro de 1991 en Carreira (Ribeira), obtivo en dúas ocasións o premio de relatos curtos do Concello de Cambre e o terceiro premio de relatos curtos do Concello de Ames. Publicou poemas na revista Dorna e colabora co xornal dixital Sermos Galiza.

No 2017, segundo nos lembra a Galipedia, foi merecedor do Premio Nacional de Poesía Xose María Pérez Parallé polo seu poemario presentado co título Murallas de pedra sen cemento que duran para sempre, e que foi publicado co título As casas, publicado por Espiral Maior. O xurado estivo composto por Chus Nogueira, Jesús Castro Yáñez e María Lado.

No 2018 recibiu o premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo con Alpabardas verdes.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.