O BNG ribeirense inquire información sobre as verteduras de augas fecais no río Listres

29 Xullo 2019

20190729. Os nacionalistas de Ribeira requirirán ao goberno local información sobre as verteduras de augas fecais que se producen no río Listres e anuncian que demandarán actuacións para evitar que estas se produzan debido aos problemas ambientais e molestias que ocasionan na veciñanza de Castiñeiras.

O voceiro do BNG, Xosé Antonio Vázquez Cobas, lembrou que “a mala praxe e xestión feitas polo Partido Popular ocasionaron un gasto adicional de 600.000 euros de fondos públicos nun proxecto de saneamento que foi mal planificado e que ocasionou importantes problemas entre os veciños e as veciñas de diversas zonas do municipio como Castiñeiras, O Touro e Aguiño.”

Respecto a isto último, o BNG rexistrou unha iniciativa para que o Concello de Ribeira se comprometa a corrixir varios puntos de vertedura que existen no río Listres e que así sexan canalizados cara á rede de saneamento.

Vázquez Cobas tamén asegurou que o Bloque estará “vixiante para que os prazos para solucionar os problemas se cumpran despois de que nas sucesivas reunións de seguimento os organismos responsábeis, Augas de Galiza e Aquaest, se comprometeran a ter as obras rematadas no verán deste ano.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.