O BNG condena os feminicidios e apoia as mobilizacións do colectivo feminista

23 Xullo 2019

20190723. O BNG manifesta que levan xa moito tempo expresando a súa preocupación polas estatísticas que rodean á violencia machista en Galicia, así como “poñendo o foco en todas esas violencias invisibilizadas que, malia non formar parte das devanditas estatísticas, supoñen tamén un eixo de intranquilidade para o feminismo que si as ten moi en conta. Todo isto non fai máis que mostrar a apremiante necesidade de resposta.”

O responsable do BNG comarcal, Luís Pérez Barral, reclamou a fin da violencia contra as mulleres e esixe responsabilidades, ademais de medidas urxentes para acabar cos feminicidios. Tal e como sinalou, “son necesarias medidas políticas e institucionais que non se queden na superficie do problema, fai falta máis que condenar publicamente a violencia machista ou convocar un minuto de silencio.” Ademais, apuntou que “precísanse medidas integrais que atallen esta lacra de xeito transversal, que vaian dende a mellora dos mecanismos de defensa das mulleres ata a educación pasando por unha protección efectiva da integridade física, psicolóxica e social e unha xestión real e efectiva das axudas, tanto económicas como de calquera outra índole.”

Pérez Barral asegurou que só combatendo desde todos os eixos o machismo inserido na sociedade seremos quen de acadar outro modelo de relacións, sociais e sentimentais, baseado na equidade.

Desde o BNG apoian as mobilizacións para denunciar os novos feminicidios e toda a violencia que se exerce sobre as mozas e mulleres, así como esixir as medidas necesarias para cambiar esta situación e a aplicación de políticas feministas que garantan un cambio radical na situación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.