O BNG boirense solicita a apertura do aparcadoiro de A Boqueira de A Negral

08 Xullo 2019

20190708. A portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Boiro, Raquel Suárez Regades, presentou hoxe un escrito no Rexistro Xeral ao respecto da situación actual do aparcadoiro de A Boqueira de A Negral.

No texto expón que se trata dunha demanda reiteradamente solicitada polo BNG de Boiro e compartida polos socialistas cando estaban na oposición. Por iso, requiren que a Alcaldía boirense adopte as medidas precisas para proceder o antes posible á apertura ao público das instalacións municipais do aparcadoiro de A Boqueira de A Negral, xa que “é unha evidencia por todas e todos coñecida as dificultades de aparcamento que presenta o noso Concello, fundamentalmente no período estival, circunstancia que se agrava coa celebración das festas de verán nas que nos atopamos nestes días.”

De feito, sinala que un dos compromisos do BNG durante a pasada campaña electoral foi que, no caso de ter competencias no goberno municipal, a apertura deste aparcadoiro sería “unha das primeiras actuacións a executar.”

Así, considera que “a día de hoxe sería posible ter adoptado decisións tendentes a poñer a disposición da veciñanza de Boiro a infraestrutura referida, rachando deste xeito coas formas de facer política do anterior goberno do Partido Popular” porque xa transcorreron varias semanas desde que o actual alcalde accedeu ao cargo, así como que os edís do grupo municipal do PSdeG-PSOE ostentan as funcións propias de goberno pendentes da súa ratificación no Pleno de Organización preceptivo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.