Mar e DG MARE comprobaron o funcionamento da lonxa de Ribeira

19 Xullo 2019

20190719. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta tarde a lonxa de Ribeira coa xefa da unidade de soporte estrutural no Atlántico, mar do Norte, mar Báltico e rexións ultraperiféricas, Alenka Kampl. Alí a representante da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e de Pesca da UE (DG MARE) comprobou o funcionamento desta rula, unha das principais de Galicia que pechou o 2018 cun volume de descargas de máis de 28.700 toneladas cunha facturación de máis de 43’4 millóns de euros e na que a principal especie descargada en cantidade e importe foi o lirio.

Con esta visita a representante da DG MARE remata a súa estadía de dous días en Galicia nos que tamén coñeceu a actividade da lonxa da Coruña, a do sector conserveiro galego, a da produción de peixes e a actividade dos grupos de acción local do sector pesqueiro. Tamén tivo a oportunidade de participar no pleno do Consello Galego de Pesca, onde explicou aos representantes dos diferentes sectores da cadea mar-industria as funcións da unidade que dirixe, que é a encargada do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Ademais os representantes do sector presentáronlle as propostas que se fan desde Galicia para que o futuro FEMP responda ás súas necesidades reais.

Outros artigos

Deporte e arte centraron a axenda municipal de Ribeira no marco do 8M

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, participaron este xoves 5 de marzo nos dous actos programados ao abeiro da axenda deseñada con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller: a mesa redonda Muller, deporte e saúde...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.