Manuel Manquiña culmina cunha baixada pola Mámoa a súa retransmisión do Jran Prix de Carrilanas

22 Xullo 2019
No centro da carrilana o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, e máis o actor Manuel Manquiña/ Imaxe cedida por Juancho Baamonde

Celebrouse finalmente, este domingo 21, unha das grandes citas da Festa da Dorna, o Jran Prix de Carrilanas, que ía pola súa XXX edición. Os participantes non desaproveitaron tan redonda e histórica convocatoria (o trinta aniversario) para ofrecer ao público dorneiro que encheu as beiras da costa da Mámoa e da rúa Rosalía de Castro un novo menú capítulo de Autos Locos adaptado á xeografía ribeirense: aquí do que se trata non é despeitearse coa velocidade das carrilanas que baixan, senón de celebrar a arroutada de quen se atreve a baixar nos vehículos que compiten.

Houbo moitos protagonistas, como por exemplo o actor Manuel Manquiña, que tivo o mérito de retransmitir a proba sen que moitos se decatasen de que non era de Ribeira, tal foi o seu entusiasmo cos vehículos que baixan e a súa capacidade de adaptación ao falar dorneiro. Outro dos protagonistas (esta vez colectivo) volveu ser o grupo da peña Boi de Putas, que volveu demostrar a súa escasa capacidade para negarlle unha baixada pola Mámoa a quen se achegue o seu vehículo e pida unha praza: a rolda de pasaxeiras e pasaxeiros no vehículo da peña (unha homenaxe á estación de autobuses acabada de derrubar) roldou este ano a trintena, e por certo que entre a tripulación atopábase Manuel Manquiña (ao que non custou moito traballo convencelo para subir, segundo contaron) e, recuncando (que xa non é a primeira vez que participa no Jran Prix), o alcalde ribeirense, Manuel Ruiz.

Igualmente celebradas foron o resto das carrilanas que baixaron cara ao centro de Ribeira, entre as que se atopaban unha recreación perfecta do clásico Scalextric Camaremo (de Os Polvos do Vilar, con música de Azúcar Moreno e Camela incluída), unha homenaxe ao universo de Xogo de Tronos (Berberechos Asasinos) ou a reconstrución case perfecta dunha nave da alianza de Star Wars, con R2D2 incluído, co-pilotando (Os Pintos Joden Quintos).

Outros artigos

Incidencias en Ribeira coa limpeza de via e incendio en Boiro

Limpeza de vía por vertedura de aceite hidráulico dun tractor na DP-7503, no concello de Ribeira Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta mañá, arredor das 12:10 horas, a unha intervención por vertedura de aceite hidráulico dun tractor...

+

Ribeira presenta novos roteiros turísticos en bicicleta eléctrica

Este martes 8 de xullo, Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo de Ribeira, anunciou a posta en marcha, nas súas palabras, “dun completo programa de roteiros deseñados para mergullarse na rica historia e cultura da nosa terra”. Estes itinerarios, engadiu,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.