Licitada a renovación da cuberta do pavillón polideportivo de Sirves, na parroquia de Olveira

02 Xullo 2019

20190702. O Concello de Ribeira vén de licitar a renovación da cuberta do pavillón polideportivo de Sirves, situado na parroquia de Olveira. Cun orzamento de 54.817 euros, IVE incluído, a actuación está cofinanciada con 38.371 euros pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, ao abeiro da orde do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas aos concellos de Galicia para o ano 2019.

As empresas interesadas teñen ata o vindeiro 9 de xullo para presentar as súas ofertas. A modalidade do procedemento é aberto simplificado.

Conforme ao proxecto técnico elaborado polos servizos do Concello ribeirense, o pavillón ten en liñas xerais un bo estado de conservación, pero rexistra episódicos problemas de filtracións de chuvia que deixan en ocasións a pista impracticable. Por tal motivo, preténdese renovar a cuberta desmontando a actual, previa instalación dos elementos de seguridade, para montar unha nova cuberta a base de panel sandwich nervado, de 30 milímetros de espesor, formado por dúas chapas de aceiro prelacado con illamento entre ambas de espuma de poliuretano ríxido. Logo procederase ao remate da cuberta para a colocación de canalón na fachada principal, así como a apertura de ocos na fachada norte e colocación de fiestras.

O prazo de execución ascende a un mes e medio.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

Álvaro Cunqueiro imaginó muchas veces Galicia como el lugar donde lo extraordinario convivía con lo cotidiano. Una tierra en la que la realidad siempre deja espacio para los milagros y quizás uno de esos pequeños milagros sea que el tiempo aquí transcurre de otra...

“Carreira, sempre no corazón” – José Manuel Pena

“Carreira, sempre no corazón” – José Manuel Pena

Carreira pasou de ser un destino a un lugar de paso. Fai unhas cantas décadas, a parroquia de maior extensión e con máis antigüidade do municipio de Ribeira, era un pobo bulicioso e con gran actividade comercial e social. Un centro de lecer e diversión para persoas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.