Licitada a instalación dunha rede de pluviais no ribeirense polígono industrial de Xarás

22 Xullo 2019

20190722. O Concello de Ribeira informa da licitación dunha nova actuación consistente na instalación dunha rede de pluviais na avenida Ramiro Carregal Rey, no  polígono industrial de Xarás. Esta intervención conta cun orzamento que ascende a 217.151 euros, IVE incluído.

A día de hoxe, esta área industrial dispón dunha rede deficitaria de pluviais que rexistra ocasionalmente avarías, circulando a auga de chuvia pola calzada en gran cantidade.

Co obxecto de evitar esta situación, proxéctase unha nova rede dispoñendo un colector por cada unha das marxes das rúas principais do polígono, a base de PVC corrugado de 400 milímetros de diámetro. Ademais, nos cruces de colectores situaranse pozos de rexistro e tamén se instalarán acometidas de pluviais aos inmobles.

O prazo de execución son tres meses e as empresas interesadas en presentar ofertas teñen ata o día 5 de agosto.

Así mesmo, ao abeiro dunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, está prevista unha segunda actuación no polígono consistente na renovación do pavimento en beirarrúas e calzada dun tramo da mesma vía. O seu custe ascende a 119.600 euros, IVE incluído.

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.