IX Regata Congalsa – Vuelta a Sálvora

02 Xullo 2019

20190702.- O Club Náutico de Riveira presentou a IX edición da Regata Congalsa – Volta a Sálvora, que se celebrará este sábado 6 de xullo con saída ás 14.00 horas desde as inmediacións da bocana de entrada ao porto deportivo.

Destinada ás clases Regata, Regata/Cruceiro e Cruceiro do ORC, terá un formato de percorrido costeiro, contorneando as illas e illotes de Rúa, Sálvora, Noro e Vionta, estimando a organización nunha vintena de veleiros a participación. A quenda de intervencións abriuno José Luís Torres Colomer, presidente do club riveirense quen quixo “Agradecer en nome do Náutico de Riveira o labor que Congalsa está a facer en prol da vela, tanto na de cruceiro como na de vela lixeira. O pasado ano Congalsa facilitou a compra de seis fermosos Optimist, con remolque e ver que fortalecen o noso equipo de regatas”.

Pola sua banda José Luís Lomba, Comodoro do club comentou que a proba “É unha regata tradicional con moita aceptación en Riveira e a súa contorna. Contamos con todos os medios de seguridade e Salvamento Marítimo. A saída está programada ás dúas da tarde e darase contorna á bocana do porto deportivo de Riveira para facela máis vistosa”.

A previsión meteorolóxica prevé unha compoñente co eixo no sur, duns 10 a 15 nó de intensidade que podería estar acompañada dalgún que outro pequeno chuvasco. A quenda de intervencións pechouno Luís Miguel Simarro, director xeral de Congalsa. “Estamos encantados de participar un ano máis, e con esta edición xa son nove. É unha regata que é un verdadeiro reto, polo que supón navegar a vela entre as illas e illotes. A vela identifícase coa política de responsabilidade corporativa de Congalsa, onde o traballo en equipo, o esforzo e o sacrificio son valores que compartimos na empresa”, explicaba Simarro.


Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.