Gran afluencia na reapertura do mercadiño de Aguiño

22 Xullo 2019

20190722. A reapertura do mercadiño da parroquia ribeirense de Aguiño rexistrou un gran ambiente nesta soleada mañá na que numerosos veciños e visitantes pasaron pola rúa Castelao.

En total, foron sesenta os postos distribuídos no citado emprazamento, entre o estaleiro e a pista multideporte S.D. Xuventú de Aguiño. Roupa, calzado, alimentación ou artesanía foron algúns dos artigos expostos á venta nesta acción concibida co obxectivo de dinamizar a localidade.

Ademais, acudiu o concelleiro de Mercados, Emilio Pérez Outeiral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.