Ferido de gravidade un motorista nunha colisión na Pobra

01 Xullo 2019

20190701. A rúa Gasset da Pobra do Caramiñal, á altura da Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, foi o escenario dun accidente que se produciu ás 11.45 horas. No sinistro víronse implicados un turismo e unha motocicleta de alta cilindrada que, segundo indicou a Policía Local, chocaron case de fronte, resultando ferido de gravidade o condutor desta última. De feito, tivo que ser trasladado ao complexo hospitalario en helicóptero. Ata o lugar desprazáronse Policía Local, Protección Civil, Garda Civil, ambulancia e helicóptero. Así mesmo, foi necesaria a intervención dos Bombeiros para a limpeza da estrada, a cal permaneceu cortada ata aproximadamente ás 14.00 horas. Polo de momento, descoñécense as causas da colisión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.