Concello e Asociación de Empresarios de Ribeira analizan fórmulas para dinamizar o sector servizos

17 Xullo 2019

20190717. Representantes do Goberno do Concello e da Asociación de Empresarios de Ribeira mantiveron esta mañá no Consistorio unha primeira reunión na busca de fórmulas de colaboración destinadas a dinamizar e impulsar o sector servizos no municipio.

Por parte do Executivo participaron a primeira tenente de alcalde, María Sampedro, e o concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo, Promoción e Dinamización Económica, Ramón Doval, mentres que por parte do colectivo empresarial asistiron nesta xuntanza o presidente Francisco Martínez e o seu asesor xurídico, Manuel Alfonsín.

Algúns dos temas abordados nesta toma de contacto foron a articulación de incentivos á hora de acudir á cidade para comprar e consumir, a posta en marcha de actividades lúdicas complementarias por parte do Concello, a concesión de facilidades de  aparcamento a potenciais clientes ou a utilización dunha marca que sirva para potenciar unha identidade común e atraia novos visitantes.

Un dos asuntos a tratar foi o de alcanzar algunha fórmula de colaboración dirixida á concesión de axudas ao estacionamento por tempo limitado para aqueles que realicen unha compra ou acudan a un local de hostalería ou restauración.

Asemade, de cara á celebración do 9 ao 11 de agosto da feira Viamare Stock no paseo do Malecón, o Concello comprometeuse a organizar accións lúdicas complementarias e a colaborar na tramitación dos correspondentes permisos con Portos de Galicia.

Outro dos puntos analizados foi a implantación da marca institucional e turística na que está traballando o Concello dentro do programa Máis Ribeira Atlántica 2020 a efectos de “potenciar unha identidade propia que faga máis atractiva a afluencia de visitantes tanto á cidade como ao concello en xeral.”

Por último, tamén se falou da conveniencia de ampliar e fortalecer no transcurso do ano a organización de actividades infantís para animar as rúas e prazas.

Ademais, os representantes de Empresarios e Concello xa se emprazaron a manter en breve unha nova reunión e seguir afondando en todos estes aspectos.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.