Chega a cuarta edición do Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte 2019

29 Xullo 2019

20190729. O Concello boirense acolleu esta mañá a presentación da cuarta edición do Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte 2019. Un evento deportivo que conta cunha media de 700 rexistros en cada carreira, cunha cifra das inscricións no cómputo total do circuíto que se viu incrementada o ano pasado. No acto estiveron a xerente da Mancomunidade Arousa Norte, Maruxa Ledo; o coordinador da proba e vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín; o alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños; e o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro.

Como coordinador desta cita deportiva, Iván Sanmartín explicou que este circuíto está composto por catro probas. A primeira delas terá lugar o 25 de agosto na Pobra do Caramiñal, a segunda o 28 de setembro en Ribeira, a terceira o 1 de novembro en Rianxo e a cuarta o 1 de decembro en Boiro. O circuíto caracterízase porque a xente pode competir unicamente na carreira, inscribirse e competir no propio circuíto, así como o feito de que este evento pertence ao VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. Por todo isto, Sanmartín considera que “son tres ingredientes que a nivel competitivo darán un aliciente a toda a xente que queira participar.” Ademais, esta cita contribúe a fomentar os hábitos saudables entre a poboación dos municipios, polo que “é moi bonito que catro concellos se unan polo deporte e ofrezan esta oportunidade aos seus cidadáns e á xente de fóra.” O coordinador tamén quixo expresar o seu agradecemento aos dispositivos de Protección Civil, a tódolos voluntarios e asociacións que colaboran, así como aos Concellos.

O rexedor de Rianxo, Adolfo Muíños, manifestou que, ademais do fomento de hábitos saudables e deportivos, esta cita serve como pasarela para a promoción turística dos diferentes concellos, pois moitos deportistas proveñen de fóra da comarca e aproveitan para coñecer os municipios que conforman Arousa Norte. Deste xeito, vincúlase o turismo e o lecer co deporte, conformando este evento “unha atalaia de presentación dos recursos turísticos, paisaxísticos, naturais e históricos da propia comarca.” Así mesmo, destacou a “crecente subida de participación, tamén co reclamo da comarca e co reclamo dunha proba ben organizada, ben xestionada e que é satisfactoria para toda a xente que acude á nosa bisbarra.” Concluíu a súa intervención precisando que “son probas que nos poñen no mapa deportivo, no mapa social e no mapa turístico”, contribuíndo así á desestacionalización.

O prazo de inscricións abriu hoxe e os interesados poden anotarse a través da páxina www.emesports.es ou do enlace dispoñible nas propias webs dos Concellos e da Federación Galega de Atletismo.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...