Catorce ofertas para a pavimentación dun camiño en Canaveiros, en Oleiros

15 Xullo 2019

20190715. O Concello de Ribeira vén de informar de que, unha vez finalizado o prazo de presentación de ofertas, foron 14 as empresas que se postulan á actuación consistente na mellora do firme dun camiño no lugar de Canaveiros, na parroquia de Oleiros.

A vía obxecto deste proxecto rexistra hoxe en día un pavimento de aglomerado asfáltico “bastante deteriorado debido, en boa parte, a que as raíces das árbores próximas invaden a calzada e producen abultamentos na mesma.” O obxectivo que se persegue con esta obra reside en mellorar este firme coa aplicación dunha nova capa de aglomerado aslfáltico en quente, ademais de ampliar o ancho nalgúns tramos.

Previamente á nova pavimentación, serán limpadas as marxes e se destoconará o terreo para evitar que as raíces volvan a deteriorar o pavimento.

O prazo de execución é dun mes e medio e o prezo de licitación, 54.253’91 euros, IVE incluído.

A actuación está financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia segundo notificación de concesión de subvención que tivo entrada no Rexistro Xeral do Concello ribeirense na data 16/05/2019 co número 6.924.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.