As peñas dorneiras aspirarán a tocar o ceo no ‘Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor’

22 Xullo 2019

20190722. No ecuador das celebracións, a Festa da Dorna continúa hoxe en Ribeira. Ás 12.01 horas, o pallaso Peter Punk asumirá a responsabilidade de animar o comercio polas rúas e prazas, ademais de ter lugar unha sesión de arte a cargo de Mónica de Nut.

Xa na tarde, a partir das 17.32 horas, celebrarase a XXIX edición dos ‘Xojos do Mar’, onde os dorneiros se poñerán a proba en diversas actividades, entre as que se atopan a ‘Pesca do muxo radioactivo’, ás 17.39 horas; o ‘Achikeitor’, sen horario determinado; ‘Isa-la Candorca’, ás 18.01 horas; ‘Lansamento de Risón’, ás 18.24 horas; ‘Poñelo timón’, ás 18.43 horas; ‘Pasar pola quilla’, ás 19.03 horas; ‘Saltos dende o paredón’, ás 19.26 horas; e ‘Pau ensebado’, ás 20.01 horas.

Un dos pratos fortes da xornada e con máis arraigo na historia destes festexos terá lugar ás 20.53 horas. As peñas poñerán a exame os seus enxeñosos aparellos deseñados co obxectivo de tentar voar e gañar o ‘Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor’.

Ás 23.14 horas, o parque García Bayón acollerá a XXXI edición do ‘Exame de Patróns’ e, ás 00.47 horas, seguirá o Rock & Dorna coa actuación de Chamaquito Pistolas e as Balas Perdidas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.