As atraccións de Ribeira terán unha hora sen música para o desfrute dos cativos con autismo

30 Xullo 2019

20190730. Mañá, mércores 31, comezan as Festas de Verán de Ribeira. Por iso, desde a Concellería de Cultura e a Comisión están dando as últimas pinceladas encamiñadas a que os asistentes desfruten o máximo posible desta celebración.

Así, informan de que a organización acadou un acordo cos feirantes para que tódolos días de festa, en horario de 19.00 a 20.00 horas, as atraccións funcionen sen música para facilitar que as nenas e nenos que padezan autismo, TDAH ou trastornos similares poidan divertirse con estes xogos.

Por outra banda, e ao igual que aconteceu na Festa da Dorna, contarase cun Punto Violeta de información e prevención contra as agresións sexuais. Estará habilitado no Malecón durante o venres e o sábado, en horario de 00.00 a 03.00 horas.

Ademais, durante estas dúas xornadas, venres e sábado, a festa contará con sanitarios móbiles accesibles.

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.