Arredor de medio milleiro de persoas xa se sumaron ao Día da Bici de Ribeira

04 Xullo 2019

20190704 Preto de 500 persoas, deportistas locais de todas as idades, estaban xa inscritas este xoves 4 de xullo (a última hora da tarde) para participar na andaina ciclista ribeirense do domingo. Estamos a falar do Día da Bici de Ribeira, que se celebra o día 7 de xullo pola mañá (a partir das 11.00 horas dende a praza de España, que será, tamén, o punto de chegada, pois trátase dunha bicicletada circular). O obxectivo dos organizadores será novamente reivindicar a mobilidade non contaminante, a confraternidade arredor da bici e o deporte en comunidade.

Trala organización atópase o Concello de Ribeira, xunto con empresas colaboradoras locais: Podium, Sport Bike, Gadis, La Fortuna Administración de Loterías, Deportes Estévez, o Centro de Fisioterapia María Martínez Paz e Os Saltamontes Club Ciclista. A andaina colectiva complementarase con algunhas actividades destinadas a fomentar a participación e reivindicar o uso deste vehículo, como por exemplo o sorteo de material deportivo e de dúas bicicletas. As persoas que queiran sumarse á cita aínda poden facelo de xeito online na páxina web do Concello de Ribeira, unicamente achegando os seus datos persoais e confirmando a súa participación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.