A troula dorneira afronta unha finde en gráfica ascendente

19 Xullo 2019

20190719 Que coincida a Festa da Dorna con fin de semana só pode significar unha cousa: troula asegurada. E se ademais non hai previsión de chuvia en Ribeira (só unha pequena probabilidade de orballada o sábado pola mañá), entón o tema xa non vai haber quen o amañe.

As actividades deste sábado, Día do Orjullo Jaiteiro, comezarán sobre as 11.00 da maña, coas ruadas de Trécola, Andavía, Río de Anxo, Os Liantes, Faíscas de Solobeira, Amor Ruibal, Riparia, Tahube, Laghareu, Aloumiño, Mámoa, Meiró e Os Viqueiras. A continuación, unha hora máis tarde, será a quenda dunha ruta de tapas polas fanequeiras autorisadas: as redes de operacións das peñas. Pola tarde a comunidade dorneira, que medra e se expande por momentos (a gholpe de fin de semana e aporte turístico de novas e novos adeptos), terá que medir talentos na nova edición dos Xojos Populares, versión olímpica, no estadio da praia de Coroso. Xa pola noite, a partir das 22.12, celebrarase nos locais un dos acontecementos que máis e mellores momentos ten deparado a participantes e non participantes (solistas e sufridos ouvintes): o Sertame Itinerante de Cansión de Tasca.

As actividades do domingo

A semana terá un día para descansar, pero a Festa da Dorna pasa por riba desta norma olimpicamente, e nunca mellor dito. Ás 12.00 comeza o Jran Basar Dorneiro na porta do Sol (praza da Igrexa de toda a vida), seguido de varios concertos de sesión vermú no parque García Bayón (Louband, Mekánika, etc). Pola tarde, os participantes no Jran Prix de Carrilanas darán os últimos retoques ás súas sempre ben deseñadas creacións automobilísticas, para culminar ás 21.00 horas, cando o actor Manuel Manquiña dea a saída do certame, que será retransmitido en directo grazas a un despregue nunca visto de equipos audiovisuais dispostos ao longo e ancho da costa da Mámoa.

A noite rematará cunha nova sesión do Rock & Dorna e da clásica batalla do Ji-Jó Dorneiro.

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.