A parroquia ribeirense de Aguiño celebrará as súas festas do 13 ao 16 de xullo

12 Xullo 2019

20190712. Aguiño dará mañá a benvida ás súas festas, as cales se desenvolveran do 13 ao 16 de xullo. A verbena a cargo do Dúo Rosán e a Macrodiscoteca CDC marcará o inicio na xornada de mañá.

O día do domingo 14 arrancará ás 10.00 horas coas bombas de palenque e os pasarrúas de gaiteiros para, ás 12.00 horas, un tren percorrer as rúas do pobo. Cando a fame comece a facer acto de presencia, ás 12.30 horas, será o momento de acudir á gran sardiñada amenizada polo Grupo Pan de Millo. Á noite tocará mover o esqueleto, a partir das 22.30 horas, coa Discoteca Móbil Eme e a orquestra El Combo Dominicano.

O luns 15, os máis preguiceiros espertarán ás 10.00 horas coas bombas de palenque e pasarrúas de gaiteiros. Os cativos desfrutarán de xogos, inchables e festa da escuma ás 11.00 horas. O Dúo Explosión, a orquestra Gran Parada e a Disco Móbil Chocolate asumirán a responsabilidade de poñer a todo o mundo a bailar a partir das 22.30 horas.

O último día das festas, martes 16, a xornada comezará coas bombas de palenque, ás 10.00 horas. A Misa e procesión marítima acompañada pola Banda de Música de Negreira terá lugar a partir das 11.30 horas, para despois acudir ao picoteo disposto no local parroquial. Ás 22.30 horas comezará a actuación da orquestra Trovadores e o espectáculo pirotécnico programado para 00.00 horas porá o broche de ouro a catro días de celebración.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.