A maxia e a cultura marcaron a xornada ribeirense de hoxe

31 Xullo 2019

20190731. Dentro da programación das Festas de Verán ribeirenses, a Tenda-Galería O Faiado abriu unha exposición colectiva de pintura e escultura integrada por 16 obras de Fernando Rey, Óscar Cabana e Antonio Souto. Ata alí achegouse a concelleira de Cultura, María Sampedro, quen foi unha das primeiras persoas en contemplar esta mostra guiada por Eugenia Gómez. Todo aquel que o desexe pode achegarse ata o 27 de setembro.

Ademais, ás 12.00 horas, máis dun cento de nenos e nenas, entre os que se atopaban os asistentes aos campamentos municipais de conciliación, tiveron a oportunidade de asistir na praza do Concello a un espectáculo de maxia ofrecido polo prestidixitador Álex Louzao, xa que por motivos de saúde non puido acudir o mago Xacobe como estaba anunciado. Unha cita que fixo as delicias dos espectadores, que riron a cachón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.