A Fundación Celta celebrará en agosto un campus de verán na Fieiteira

30 Xullo 2019

20190730. Por terceiro ano consecutivo a Fundación Celta vai celebrar no municipio ribeirense un campus de verán en alianza co Atlético Riveira e co Concello.

Para falar desta iniciativa compareceron no Consistorio a concelleira de Deportes, Juana Brión; Álex Abalde, como coordinador dos campus da Fundación Celta; e Andrés Martínez, directivo do Atlético Riveira.

A iniciativa terá lugar do 5 ao 9 de agosto na Fieiteira e está dirixida a rapazada de entre 4 e 16 anos. O horario será de 10.00 a 14.00 horas agás o venres 9, no que se prolongará á tarde para celebrar un pequeno acto de clausura.

O prezo da inscrición é de 132 euros excepto para os empadroados no concello de Ribeira, que verán rebaixado o custe ata os 119 euros. As inscricións poden formalizarse ata este venres na páxina web do Celta de Vigo http://www.rccelta.es/index.php/es/campus-de-verano-de-la-fundacion-celta-2018.

Álex Abalde destacou a idoneidade desta acción para educar en valores aos pequenos desde unha perspectiva lúdico-deportiva e anunciou que haberá sorpresas no transcurso do campus. Ademais, Andrés Martínez precisou que, pola experiencia de pasadas edicións, non só suscita o interese de veciños do entorno, senón tamén de moitos visitantes que veranean aquí.

Pola súa parte, Juana Brión salientou que é un pracer colaborar desde o Concello neste tipo de iniciativas para promover hábitos saudables entre a veciñanza desde idades temperás.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.