Suma Ribeira explica nunha asemblea as reunións con PP e PBBI

08 Xuño 2019

A Casa do Mar ribeirense acolleu ás 20.00 horas unha asemblea do partido político Suma Ribeira. O propósito era dar a coñecer os gastos da campaña electoral, valorar o resultado das eleccións, explicar a súa postura de cara a elección do próximo alcalde, os próximos pasos a dar e favorecer a participación dos asistentes.

María Soledadad Guevara foi a encargada de explicar os cartos destinados para a campaña municipal do pasado mes. O límite de gasto estaba estipulado en preto dos 3.000 euros, “recadando 1.897 con aportacións privadas e gastando un total de 1.766.”

Pola súa parte, Xulio Ageitos fixo un balance do acadado nos comicios onde, segundo expresou, “a situación non mellorou para a esquerda social, senón que empeorou.” Aínda que consideran que o seu resultado non foi “excesivamente malo, xa que entramos na corporación cun concelleiro e agora toca seguir traballando.”

Seguidamente, Xurxo Ferrón, cabeza de lista da formación, desgranou o tratado nas reunións que mantivo, acompañado de Celia García e Xulio Ferrón, con Manuel Ruiz, do PP, e con Vicente Mariño, do PBBI, reiterando a súa postura de absterse de cara a investidura. A primeira xuntanza tivo lugar o martes co líder dos populares e trataron temas como a transparencia trasladándolle ao alcalde en funcións que, entre outras cousas, consideran que a web do Concello “resulta opaca, falta acceder a moito contido.” O segundo encontro foi o xoves co candidato do PBBI, rexeitando calquera tipo de pacto ou acordo e reafirmándose así na súa decisión.

Outra das intervencións foi a de Celia García, quen manifestou o “compromiso coa transparencia e a participación” por parte da agrupación publicando os datos na web ou establecendo contacto directo, entre outras iniciativas, así como o propósito de organizar “estas asembleas periodicamente para aportación dos cidadáns.”

Finalmente, os asistentes tiveron a oportunidade de expoñer as súas dúbidas e de transmitir as súas inquedanzas.

Outros artigos

A Curota énchese de bandeiras galegas nunha caravana patriótica

A Asemblea Intercomarcal de Mulleres do BNG Barbanza–Muros Noia organizou este domingo 13 de xullo pola mañá unha caravana patriótica que partiu ás 11.30 horas desde A Pobra do Caramiñal con destino ao miradoiro da Curota, dentro da programación de actividades previas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.