Santiago acolle o 28 de xuño unha biblioteca vivinte de youtubeir@s

18 Xuño 2019

20190618. A nova edición do certame Youtubeir@s, o concurso no que traballa o Concello de Rianxo para invadir as redes con vídeos en galego de creadoras e creadores de todas as idades, chega os días vindeiros a un novo punto de inflexión: unha pausa colaborativa para coller impulso definitivo. Estamos a falar do encontro Lista de reprodución o vivo, que se desenvolve o 28 de xuño no edificio CEA da Universidade de Santiago, entre as 18.00 e as 20.00 horas. Será unha nova cita para intercambiar coñecemento, recursos e habilidades entre as/os integrantes da longa e frutífera comunidade youtubeira: creadoras, creadores e, como non, público seareiro.

Como lembraremos, o concurso vén da man dos servizos de normalización lingüística dos concellos de A Baña, Ames, Carballo, Cedeira, A Coruña, O Grove, Moaña, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, e polas universidades da Coruña, Santiago e Vigo e a Deputación da Coruña .

O número de prazas para participar na actividade do día 28 é limitado, polo que os e as interesadas deberán inscribirse antes do 26 de xuño enviando un correo electrónico a formacion@youtubeiras.gal.

Terceira edición

Youtubeir@s chega este ano á súa terceira edición baixo o lema Conéctate á comunidade e multiplícate, co que busca non só aumentar o número e a calidade de vídeos e persoas creadoras en galego, senón tamén fortalecer as conexións e as interrelacións da comunidade youtubeira. Con este obxectivo, nos últimos meses desenvolvéronse varios obradoiros e charlas en diversos centros de secundaria, e programáronse dous encontros durante este mes de xuño.

O segundo destes obradoiros celebrarase o 28 de xuño, entre ás 18.00 e ás 20.00 horas no Centro de Estudos Avanzados da USC, situado na Finca de Vista Alegre de Santiago de Compostela.

Segundo informan as entidades organizadoras, esta Lista de reprodución ao vivo emulará as bibliotecas viventes ou mesmo as partidas de xadrez simultáneas, de xeito que as persoas creadoras agardarán no seu posto as visitas dos/as espectadores/as. Desta maneira e seguindo o fío desta fómula, cada youtubeir@ levará temas preparados para analizar e o público, que irá rotando entre os diferentes postos, poderá realizar preguntas e interactuar cos vídeos vivos. Cada un destes encontros durará un máximo de 20 minutos. Ao final desta rolda individual, abrirase a todos os seareiros para poñer en común e compartir experiencias. Nesta ocasión, o acto estará dinamizado por Xandobela, un grupo de profesionais da educación e da dinamización sociocultural. O público que desexe participar deberá inscribirse antes do 26 de xuño a través do correo formación@youtubeiras.gal.

Esta xornada é a última quedada organizada para este mes de xuño, despois de que o sábado 8 tivese lugar na Coruña o evento Youtubeir@s en conexión, un espazo para reflexionar sobre temas como o panorama creativo nesta plataforma dende varios ámbitos, a cuestión lingüística na Rede, a perspectiva temática ou o eido de fomento de públicos. A actividade foi dinamizada por Ben Curiosa.

Outros artigos

O Concello de Rianxo formará á mocidade en lingua de signos

O Concello de Rianxo, a través do Servizo de Xuventude, organiza un curso de lingua de signos. Será unha formación de trinta horas correspondente ao nivel A1.1. O curso está dirixido á mocidade de 16 a 35 anos empadroada en Rianxo, se ben poderán acceder outras...

+

Educateatro levará a Rianxo a súa revisión musical de Pinocho

O Auditorio Municipal de Rianxo vai dar acollida o vindeiro 22 de febreiro, a partir das 19.00 horas, á representación da peza de teatro musical infantil O mundo máxico de Pinocho, a cargo da compañía de Educateatro. Trátase dunha función escénica que combina a maxia,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

A cidadanía cada vez é máis consciente de que os dereitos pódense perder se non se loita por eles. Así o poñen de manifesto cada día, moitos veciños, con anterioridade xa o fixeron na parroquia de Corrubedo, logo na parroquia de Palmeira e agora nas parroquias veciñas...

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...