Ribeira acolle unha nova edición da Travesía a nado Illa de Rúa

27 Xuño 2019

20190627. Este fin de semana celebrarase a terceira edición da Travesía a nado Illa de Rúa impulsada polo técnico Juan Carlos Brión; a presidenta da xunta local ribeirense da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC), María José Carreira; o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; e o presidente do Club Náutico Deportivo de Ribeira, José Luis Torres Colomer.

O sábado terá lugar a recepción dos visitantes e a charla sobre augas abertas, mentres que o domingo se desenvolverá o groso deste evento benéfico, onde os preto dun cento de participantes deberán percorrer 4.400 metros con saída desde o peirao Náutico de Ribeira ás 10.45 horas. Así mesmo, un catamarán, ao cal se pode subir libremente, navegará polas augas da ría para permitir contemplar de preto o desenvolvemento da cita. Os inscritos disporán dun prazo máximo de tres horas para completar a proba e se non a finalizan en dito prazo ou amosan síntomas de malestar, serán retirados da auga.

Ademais, haberá un podio masculino e outro feminino cos seus correspondentes trofeos, así como premios ao nadador máis novo e ao máis veterano ou a quen logre superar algún dos récords acadados por Manuel Simón Cotelo (00:47.09) e Anne de la Fuente (00:48.07). Tamén outorgarán unha medalla a tódolos participantes e realizarase un sorteo de regalos con produtos doados polas entidades e empresas colaboradoras.

Outros artigos

Arde de madrugada o toldo do Restaurante O Xardín en Ribeira

Na madrugada deste mércores 11 de marzo foi mobilizada a dotación de garda do Parque de Bombeiros de Ribeira, xunto coa Policía Local de Ribeira, con motivo dun incendio localizado no toldo do Restaurante O Xardín de Ribeira, situado na rúa Otero Pedrayo. Segundo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.